Información

O Museo Catedral de Santiago permite ao visitante profundar no seu coñecemento na historia e a arte da Catedral, a través dos seus diferentes espazos e as exposicións temporais que organiza. As súas salas albergan excepcionais obras de escultura, pintura, ourivaría, reliquias… que desde o principio da Idade Media foron convertendo a cidade compostelá no que hoxe é. As distintas estancias que forman o Museo -o edificio claustral, parte da buchería ou o Pazo de Xelmírez- son proba da evolución do conxunto catedralicio e, polos seus distintos usos orixinais e as motivacións que as levaron a ser construídas, teñen tanto ou máis valor que cada unha das obras que gardan.

A colección permanente é resultado de séculos de ofrendas, presentes e legados de destacadas figuras históricas con procedencias moi variadas. A través das súas pezas reconstrúense case doce séculos de artistas, nomes e tradicións que poñen en valor a memoria de todo un territorio.

As taquillas e accesos ao Museo localizanse nos seguintes espacios:

  • Acceso Museo praza do Obradoiro (tamén lugar de recepción dos grupos turísticos á Catedral)
  • Acceso Museo Pazo de Xelmírez (tamén punto de inicio das visitas temáticas)
  • Acceso Museo Tesouro (nno interior da Catedral. Só  se admite pago con tarxeta neste acceso).